martes, 29 de enero de 2013

Somos uno más y así está mejor / One more person and it's better


Segue a andaina por terras holandesas. O tempo cada vez parece pasar máis rápido e creo que iso é un bo sinal porque quere dicir que o estou pasando ben. Pero non vou a contar máis ata o debido momento, así que a seguir lendo porque “la aventura nos espera” (Versión UP).


The adventure keeps going in Netherlands. Time seems to pass faster and I think that it’s because I’m having a nice time.  I’m not talking more until I have to do it, so you must keep reading because “Adventure is out there” (UP Version).



Chegada / Arrival

Comezaba a semana e de novo cunha charla ou iso críamos. Erguémonos. Almorzamos e esperamos a nosa “ansiada” conversa. Esperamos, esperamos e volvemos a esperar. Non aparecía ninguén. Eu sabía que os holandeses non eran suízos, pero podían comprar un reloxo de alí. Pasara xa unha hora. A compañeira alemá mirou o seu correo electrónico. Aí estaba a explicación: Estaba enferma. Agora todo tiña sentido. Tiñamos unha tarefa: poñer en post-it’s o nome en holandés de todo o que nos ocorrese e todo o que tivésemos arredor, noutras palabras: empapelar a casa á holandesa.

The week began and we would have another talk, we though like this. We woke up. We took the breakfast and wait for our “longed” talk. Waiting, waiting and waiting again. Nobody arrived. I knew that Dutch people are not Swiss people, but they could buy a Swiss clock. It passes an hour. My German mate checks her e-mail. The explanation was there: She was ill. We had a task: writing some Dutch words in post-it’s.

Pé afundido na neve
Sunken foot in the snow
Miro pola fiestra. Coño, que choiva máis rara!!! Anda pero se son folerpas. Comeza a nevar. Recordei o que me dixera Mourís de: “Busca unha montaña para ir esquiar”. Lástima de montañas. Isto promete.

I look through the window. Hey, is it raining? No, it isn’t. It’s snowing. I reminded some words that Mourís told me before coming: Search some mountains. What a pity! There aren’t mountains.

Chegou a noite acompañada dun novo inquilino, novo para min, pero xa levaba dous meses rondando estes lares, só que se tomárase unha vacacións. É checo. Un rapaz pintoresco, simpático, agradable, cheo de misterio e con moitas cousas que contar. Claro está, fala mellor inglés ca min. Á súa chegada revolucionou a casa de Gran Compadre. Ai, non! Esa é outra casa:


Night is coming and a new mate too. He is not really new because he has been in the organization, but he was on vacations. He is Check. He’s a quaint, funny, mysterious person who has lots of things to tell. Of course, he speaks better English than me. His arrival was like a revolution in the house. Advertisement: Gran Compadre:



Españoles, Paco ha vuelto / Spanish people, Paco returns

Levantarte e sentirte como na casa do meu “tocayo”: Papá Noel. Está todo tinguido de branco. Todo!!! Abro a ventá para sacar unha foto. Car----, que frío!! É realmente bonito, desexaba que pasase a mañá para poder xogar coa neve. Feel like 5 years old!

I woke up and I feel like in Santa Claus’ house. Everywhere I look around is covered by de snow. Everywhere!!! I opened my window because I want to take a photo. It is so cold!! It’s beautiful, I wanted afternoon to come faster because I wanted to play with the snow. Feel like 5 years old!

A enfermidade continuaba así tampouco tiñamos nada que facer ou iso pensabamos. Tempo despois chegou o voluntario holandés e falamos do que nos gustaría aprender e do esperamos desta estancia no estranxeiro. Tampouco é que me matase o traballo...

She was still ill so we had nothing to do again. Dutch volunteer arrived and we had to do what things we would like to learn in this experience living abroad. What a huge work…

Tarde libre!!!! Podemos saír? Podemos saír? Podemos saír? Siiiii!!! A desfrutar da neve como cando era... Ah, non! Que en Noia nunca nevou dende eu nacín. Saímos, PUM!! Oh, Deus! Atácannos. Comezou a GUERRA!!! Dous equipos e un gran xogo de estratexia. Coma nenos...

Free afternoon!!!! Can we go outside? Can we? Yes!!! Joint the snow like I was… Hey, no! It is never snow after I was born. We go out, PUM!! Oh, God! Somebody was attacking us. The war had started!!! Two teams and a strategic game.

Tras correr, saltar e enchernos de neve tomamos aire e pensamos... Un boneco de neve!?!?! Si. Pois si, un boneco. Comezamos a facer unha bola. Isto cansa máis do esperado. Pasa o tempo vin chícharos máis grandes. Pasa o tempo e a bola que vai ser o corpo aumenta, a cabeza non avanza... Enxeñería galega, para que usar as mans se podo usar os pés e amorear a neve, ese será o corpo. Atopan unha pala, así da gusto!!! Cooperar, traballar como un equipo. Iso é o que se supón que temos que facer, non?  Temos o corpo, temos a cabeza e agora precisamos adornos. Todo o mundo a mirar para os lados a ver se hai algo por aí. Nada. Uns paus, xa temos brazos e boca. Un tubo de plástico? Como se pode usar iso? Ah! Non está mal como nariz. Un pouco de herba. Parece que non serve para nada pero si, temos bigote!!! OLLOS!! OLLOS!! Unhas follas. Non se aguantan. Un covos e incrustámolas nel. Segue estando soso. Unha coroa. Agora si. Que nome? Paco, Paco!! Paco? Paco.

We ran, we jumped and we got full of snow and, after that, we though… A snowman!?!?! Yes, a snowman. We tried to do a snowball which was more tiring than that I thought. We rolled the ball which would be the body. Time passed and the ball is not big enough. I began piling snow with my feet. They found a shovel, much easier!! Cooperating and working as a team. That is what we will do here. We had the body, also the head and then we needed ornamentation. Everybody was searching and look around. Nothing. A couple of sticks, we had arms and month for him. A plastic pipe? How could we use it? Hey! We can use it as nose. A little of grass. It seemed not important, but we could use as a mustache!!! Eyes!! Eyes!! A couple of leaves. We couldn’t hold them so we did two holes and then we put them in. Finally, a krone. Yeah! What will be his/her name? Paco, Paco!! Paco? Paco. Yeah! What will be his/her name? Paco, Paco!! Paco? Paco.


Caos / Chaos

O día seguinte. Non vén ninguén, esperamos. Esperamos, non vén ninguén. Non hai máis que vivir en un país para quitarte da cabeza os tópicos e os prexuízos. Os holandeses non son tan puntuais nin tan organizados como nos fan crer. Adianto as tarefas.

The next day. Nobody came, we waited. We waited, nobody came. You can discover how some topics are false when you live in this country. Dutch people aren’t on time how I was thought and don’t a clear scheduler. I did some of my tasks.

A noite pasou algo incrible e moi interesante: planeamos un proxecto propio. Como está no aire non se pode contar nada, así estade atentos a próximas entregas deste interesante blog.

At night some wonderful thing happened: we planned our own project. But there is nothing for sure so I can’t talk any more, you must be careful and read the next deliveries of this blog.

Cartas / Cards

Día normal coa súa correspondente actividade, esta vez, tal e como estaba planeado. Pasamos o tempo xogando ó xadrez, non “safo”, pero intento. Son perseverante.

Common day, we had to do some activity, this time, all happened how we had planned before. We pass much time playing chess, he always win me. I’m a persistent guy.

Días antes sabíamos que da existencia de dúas barallas: unha checa e unha croata. Temos tempo. Non xogara aínda a ningunha. Primeiro a croata.

Some days before we knew that there were two desks in our house: the Czeck one and the Croatian one. We had time. I had never played before with both of them. First the Croatian game.

Un xogo similar ó tute. Similar utilizado no máis aaaamplio sentido da palabra. Quizais non ten nada que ver, pero a min pareceumo. Non me enterei moi ben, non problemas do idioma que controlo inglés “que lo flipas tronco” (risas de fondo, como nas comedias americanas). O certo é que con respecto ó idioma, pouco a pouco e con moita axuda dos compañeiros, fágome entender. Volvamos ó xogo: Complicado. Danse as cartas e o que vai despois do que dá, chama a un dos paus da cartas para ter trunfo. Logo colas as cartas dalgunha forma é podes cantar, como se foran “as corenta” ou “vinte en bastos”... É complicado!!! Rematamos unhas cantas partidas, aínda non hai sabiduría suficiente para contar máis detalles.

It’s a similar game to tute (I love this funny sentence). Maybe similar isn’t the best word because they aren’t too similar, but from my point of view they seemed almost the same. I didn’t understand

O checo: BANG!!! Seguro que estades pensando en vaqueiros, pero... vaqueiros na República Checa? Pois si. Versión dos típicos nomes de vaqueiros americanos para que a SGAE non lle veña enriba. Saca unha instrucións que parecen unha versión ampliada da Sagrada Biblia. Comezan a explicalo e na miña cabeza so podo pensar (“Tú a mí no me hableh azsí, ¡eh! Tú me hablas más senSilloo”). Parece máis retorcido que o croata... Comezamos a xogar.

Neve, sol e auga
Snow, sun and water
The Czech game: BANG!!! I bed that you are thinking in cowboys, bandits and renegades, but… all of these in the Czech Republic? Yes. There are versions of famous villains from the Wild West. She took the instructions for playing, but when I saw it the first time it’s confusing because I thought I was the Holy Bible. It seemed more difficult than Croatian ones… We began playing.

Moitas cartas e moi diversas. É algo similar ó xogo do policía e do ladrón, no que tamén hai unha puta polo medio que revive a xente, sabedes de cal falo (de tal falo, tal... para maiores de 18 anos)? Neste caso un é o shériff; outro, o axudante do shériff;  2 bandidos, e outro é o renegado. Xogando non se fai tan complicado. Lotes de risas cando alguén se confunde, miradas ameazantes e de carraxe contida. Risas. Disparos (BANG!!), á cuberto. Veñen os indios, disparos. Unha metralleta, á cuberto. Non podo, perdo unha vida. Risas. Tomo unha cervexa, recupero a vida perdida. Consigo unha pistola mellor, sinto o poder... Risas. Así bastante tempo. Un xogo moi entretido. Encántame, só faltan Terence Hill e Bud Spencer para ser completamente perfecto.

Lots of different cards. It’s something similar to a Spanish game in which one there are a policeman, a thief, a bitch and lots of inhabitants. In this game there are a sheriff, a sheriff helper, bandits and renegades. Despite the instructions, playing is not so hard. We laughed a lot when somebody made some mistake, we looked each other threateningly. Lot of laughs. Shots (BANG!!), miss the bullet. Indians are coming, shots. A SMG, miss the bullets. I can do it, I lost a life. Lot of laughs. I drink a birth, I have one more life. I get a better gum, I feel the power… Lot of laughs. We spent a lot of time. It is an entertaining game. I love it, this game just need Terence Hill and Bud Spencer to be perfect.


Verano Oscuro / Dark Summer

Venres charla inesperada, pero agradable. Coñecemos a máis membros do grupo que dirixe a organización. Falan do que significa para eles o Cristianismo. Non o comparto, pero é entretido coñecer as vidas de xente tan interesante. Sigo pensando que a Biblia é un libro e nada máis e escoitalos dáme máis motivos para seguir pensando desta forma.

Friday we had an unexpected talk, but it was nice. We met more management members of the organization. They talked about the meaning of the Christianity for them. I don’t agree, but it’s entertaining knowing people so interesting. I keep thinking The Bible is just a book, and listening to their stories gives me more reasons for keeping thinking that way.

 Chegada a noite decatámonos: é venres!! Saímos? Si, pero na versión Holandesa. Collemos a bicicleta 11:00. Aquí é realmente tarde, ninguén polas rúas en bicicleta nin andando, só algún perdido nos bares do pobo. Continuamos andando, segue habendo neve. Encántame, nin sequera noto o intenso frío que golpea a miña cara gracias ó vento e velocidade da bicicleta (relatividade: golpéame o aire a min ou eu golpeo o aire). Guau! Pasamos polos inmensos campos de cultivo agora cubertos pola neve. É impresionante, unha luz dunha casa a un par de quilómetros (arredor 1’5 ou 2) estanos alumeando na pista pola imos coas bicicletas. É moi fermoso ver o reflexo das luces na neve. 

When the night came, we realized: it’s Friday!! Are we going to go out? Yes, but in Dutch version. We pick our bikes at 11:00. Here it seemed to be later because there wasn’t anybody riding bikes or walking at the street, only in some bar there was some lost people. We kept riding, there was still snow. I love it, I didn’t feel the cold wind which was hitting my face. We were riding on a path between fields which were covered with snow. Unbelievable, there was a light, which was 2 km I think, that was lighting the path where we were. It’s very beautiful can watch the light reflection in the snow.

Chegamos ó mar. É unha sensación distinta, moi distinta á estar no paseo acompañado de xente... Parece unha cousa moi simple e moi baladí, pero situémonos: un país distinto, un pobo que a penas coñeces de día e é de noite. Fomos ó lugar onde controlan a auga que entra é sae da baia, enoooooorme construción. Quizais poida parecer absurdo, quizais soe esaxerado pero sentíame como un explorador, como un aventureiro. Foi incrible.

We could smell the sea. It’s a different feeling, it’s not like when I am at the seafront of my village with people… It seems a simple thing but imagine this situation: new country, almost unknown town at the mooning and least at night. We went to a place where they control the water of the channel. It’s a huge construction. I felt like an explorer, like an adventurer. It was amazing.


Goes (Leríase como GHUS(JUS, para os castelán falantes))/ Goes

Levántome e baixo as escaleiras, miro por unha das ventás que hai no camiño de baixada. Paco segue vivo, pero a guerra contras as inclemencias do tempo comeza a deixar marcas no seu precioso rostro. Paco perdera un ollo esta noite, pero a guerra aínda non rematara.

I woke up and I go down stairs, I look through the window. Paco is still alive, but war against the weather made some scars on his face. Paco had lost one eye. Paco had lost the eye this night, but the war wasn’t finish yet.

Ponte en Goes
Bridge at Goes
Algo atrapados, a pesar pesar da escapada de onte. Temos tempo, imos a cidade que está máis preto: Goes. Queremos coller o tren as 16:30, ou iso pensaba eu. Querían coller o tren as 16:20. Así que cheguei un pouco tarde... Perdemos o tren. Collemos o seguinte que pasaba media hora despois. As 17:00 estabamos alí. Que ben toda a tarde para comprar e pasear... Crueis vicisitudes do destino: As tendas pechan as 17:30. Éche o que hai, adaptarse ou morrer, entramos en dúas tendas e unhas das compañeiras comprou o necesario para sobrevivir neste angosto lugar. Uns guantes son máis que imprescindibles.

We still felt trapped, despite of the ride of the night before. We had time and we went to the closer city: Goes. We wanted to take the train at 16:30, I thought like this. The train was at 16:30. So I arrived just few minutes later… We missed the train. We took the next one and we arrived at 17:00. We had all afternoon to buy something and walk along the city… But the shops close at 17:30. We went to two shops.

Fomos a un bar e estivemos falando de cousas de voluntarios, cousas que a xente normal descoñece, cousas...

We went to a bar and we were talking about topics that only volunteers can understand, things that common people don’t know, things...

3 comentarios:

  1. Mi querido Noel!!! No sólo aplaudo la idea de haberte atrevido a coger la mochila e irte una temporada de este país del que no sabemos lo que queda, sino también el hecho de que escribas en este diario haciéndonos a todos partícipes de tu aventura. Ovación total para vos. Creo que un gesto valiente y generoso, cualidades estas de un explorador en toda regla, por lo que no creas exagerada esa sensación, porque en menos medida y siempre de viaje la he sentido yo también, y no creas, es una sensación que anhelo, de ahí este pequeño resquemor envidioso que siente cuando leo este diario osé de ti, y de cómo estas disfrutando. Es pequeño, y es sano, porque me alegro de todo lo bueno que te ocurre, por ti y por todas las personas que te quieren que son muchas y muy muy buenas. Te dejo un escrito que descubrí gracias a un amigo viajero, es de B. Traven y aunque conozco tu arraigo con Galicia puede que algo te sientas identificado, en ese rincón de viajero y explorador que sé existe en ti: "¿Que dónde queda mi patria? En el lugar en el que esté y en el que nadie quiera saber quién soy, ni qué estoy haciendo, ni de dónde soy: ésa es mi patria, mi tierra".
    Un beso grande y seguiré esto con fidelidad.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esa sensación de Liberdade da que fala B. Traven non ten prezo. Ser o que queres ser en cada momento sen críticas envexosas, ese lugar tamén é a miña patria.

      Eliminar