sábado, 9 de febrero de 2013

Outro país / Otro país / Another country



Xa ía facer un mes, ó remate desta semana, que a miña andaina por estas terras afundidas comezara. O tempo boa. A semana anterior como xa dixen fóra a mellor e ségueo sendo porque coñecín xente fantástica. Pero esta está repleta de cousas que contar, das cales moitas as deixo no teclado (versión actualizada da expresión: en el tintero).

Sunset in Middelburg
Ya hacía casi un mes, al finalizar esta semana, que mi aventura por estas hundidas tierras había comenzado. Una buena estancia. La semana anterior había sido la mejor y lo sigue siendo porque conocí a gente fantástica. Pero esta está repleta de cosas que contar,  de las cuales voy a dejar muchas en el teclado (versión actualizada da expresión: en el tintero).

There was almost a month, at the end of this week it was, my feet were in this flat and low floor. Time goes so fast… The last week was the best how I said before and it keeps being like this because I knew nice people. But this week was full of things to tell, although I will not remind everything.

A semana comezaba con un día libre debido a que o entrenamento conta como día laboral. Toma!!! E agora que? Pois a pasar o tempo aburrido e buscando algún tipo de actividade.

La semana daba comienzo con un día libre debida a que el entrenamiento cuenta como día laboral. ¡¡¡Toma!!! ¿Y ahora qué?  

Week began with a day off because the On-arrival training is like working days. Perfect!! And then what?

Miro pola fiestra, Paco estaba cada vez máis delgado a causa da choiva, agora sen brazos tamén, non sabíamos o tempo que podería aguantar esta situación. Propóñenme unha viaxe en bicicleta. Perfecto. Alá imos todo polo dique aproveitando a costa e admirando o día que parecía que ía estar bo. Supostamente había unha praia no pobo veciño e alá iamos coa intención de atopala. As raiolas de Sol resultaban ás veces incómodas para poder ver, pero a sensación térmica non se correspondía. Chegamos a unha pequena praia de tamaño aproximado á Gafa. Éche o que hai! O compañeiro checo quería darse un baño nas augas holandesas antes de rematar o mes de xaneiro. Misión Completa. Moita xente paseaba alí ó seu can. Un can de auga ultra-nervioso corría pola praia perseguido por un cachorro de Golden Retriever. Que cousa máis bonita. Achegábanse a nós e escapan correndo. Varias veces. Finalmente o cachorro detívose xunta nós e puidemos tocalo. Estiven xogan un bo rato con el.

I look through the window, Paco was getting thin because of the rain, and he had lost his arms, we didn’t know how long he can hold this situation. We went for a ride in bicycle. We were riding on the dyke all along the shore and staring the landscape. We arrived to a little beach. My Czech mate wanted to have a bath in Dutch waters before ending this month. Done. There were many people with their dogs. I was playing long time with a Little Golden Retriever.

nocilla
Miro por la ventana, Paco estaba cada vez más delgado a causa de la lluvia, ahora también sin brazos, no sabíamos el tiempo que podría aguantar esta situación. Me propusieron un viaje en bicicleta. Perfecto. Allá vamos todo por el dique aprovechando la costa y admirando el día. Supuestamente había una playa en el pueblo vecino y allá íbamos con la intención de encontrarla. Los rayos de Sol resultaban a veces incómodas para poder ver, pero la sensación térmica no correspondía. Llegamos a una pequeña playa del tamaño aproximado a la Gafa. Éche o que hai! El compañero checo quería darse un baño en las aguas holandesas antes de que el mes de Enero acabase. Misión Completa. Mucha gente paseaba su perro. Un perro de agua ultra-nervioso corría por la playa perseguido por un cachorro de Golden Retriever. Que cosa más bonita. Se acercaban y escapan corriendo. Varias veces. Finalmente o cachorro paró junto a nosotros y pudimos tocarlo. Estuve jugando con él un buen rato.

A noite unha boa cea e finalmente uns vasiños de Crema de Oruxo, cousa rica, chico!! Non é un mal día.

At night we dinner a good food and finally some shoots of Crema de Oruxo, nice!! It wasn’t a bad day.

Por la noche una buena cena y finalmente unos chupitos de Crema de Orujo. No fue un mal día.


Todo cambia / Everything is changing / Todo cambia

Levantarse cedo e ir en coche a Goes (Recordade: GHUS). Viaxabamos a un colexio coa intención de amosarlle o que poderiamos ofrecer en algún tipo de charla. No colexio recibíronnos con un pouco de retraso (falo da hora). Logo do tempo da espera chegou unha muller que resultaba ser a profesora de inglés. Conversamos algo con ela e posteriormente chegou outra profesora cun enorme sorriso e que falaba extremadamente rápido. Presentámonos de novo dicindo de onde eramos. En canto dixen que era de Galicia a segunda profesora preguntoume cun acento suramericano: ¿De dónde venís? Resultaba moito máis fácil comunicarse así, sendo sinceros. Quizais pareza unha parvada, pero cando descoñeces un idioma ou non che resulta fácil comunicarte nel, atoparte a unha persoa que fala a túa lingua, ou unha que podes falar tranquilamente, faiche sentir máis cómodo e máis seguro. Dou gracias por poder falar galego (como dicía un escritor coñecido internacionalmente coma portugués) e castelán pola facilidades que isto me dá. Comentámoslle diversos temas dos que poderiamos falar nas súas clases, os cales lle resultaron moi interesantes. A profesora sudamericana queríame na súa clase, “Spanish connection” repetía unha e outra vez. Perfecto tiñamos unhas charlas concertadas, chachi piruli.

Levantarse temprano e ir en coche a Goes. Viajábamos a un colegio con la intención de enseñarles lo que podríamos ofrecer, para dar algún tipo de charla. En el colegio nos recibieron con un poco de retraso. Después de un cierto tiempo de espera llegó una mujer que resultaba ser una profesora de inglés. Conversamos algo con ella y posteriormente llegó otra profesora con una sonrisa enorme y que hablaba extremadamente rápido. Nos presentamos de nuevo diciendo de dónde éramos. En cuanto dije que era de Galicia la segunda profesora me preguntó con un acento sudamericano: ¿De dónde venís? Resultaba mucho más fácil comunicarse así. Quizás parezca una tontería, pero cuando desconoces un idioma o no te resulta fácil comunicarte, encontrarte una persona que habla tu lengua u otra con que puedes hablar tranquilamente te hace sentir más cómodo y más seguro. Doy las gracias por poder hablar gallego (como decía un escritor coñecido internacionalmente coma portugués) y castellano por las facilidades que esto me da. Les comentamos diversos temas de los que podríamos hablar en sus clases, los cuales le resultaron muy interesantes. A profesora sudamericana me quería en su clase, “Spanish Connection” repetía una y otra vez. Perfecto teníamos unas charlas concertadas, chachi piruli.

Waking up soon and going to Goes by car. We were going to a school to show them what we could offer them in order to go there and give some talks. We were waiting because they were late. After any time waiting a woman, who was the English teacher, arrived.  We talked with her and then another teacher arrived with a huge smile and talking too fast. We introduce ourselves and we said where were from. When I said that I came from Galicia the second teacher asked me with South Americam accent: ¿De dónde venís? It was easier communication like this.  Maybe could be a silly thing, but when you cannot speak a language or you cannot speak property, finding somebody how speak your language or another which can speak property, it makes you feel comfortable and confident. I only said thanks for speaking Galician (A write said coñecido internacionalmente coma portugués) and Spanish because they make easier everything. We talked about different topic we could talk about in their classes, and they really liked them. Southamericam teacher told me that I had to be in her class, “Spanish Connection” she repeated lot of times. Perfect, we had an appointment to give some talks. Great!

O día pasaba e comunicáronme que tiña unha invitación para comer coa familia da miña profesora de holandés. A ver como ía. As 18:00 tiña que estar alí. Arranquei na bicicleta co chuvasqueiro, perdinme un pouco nas rúas do pobo e finalmente a topei o camiño cara o meu destino. Aínda quedaba un pouco lonxe e o vento e a choiva non axudaban demasiado. Estaba algo nervioso.  Como en todas as casa holandesas as xanelas eran enormes e podíase ver perfectamente no interior. Víronme chegar. Seguía nervioso, pero máis polo idioma que por outra cousa. Xogamos as cartas, á Wii (como a botaba de menos) e vin as instalacións da hospedaxe para mascotas que teñen (cans, gatos, paxaros de xente que vai de vacacións e non pode coidalos nese período de tempo déixaos alí e despois recólleos). Déronme as 22:00 e ía sendo hora de ir para casa (carolo en mates, a ver quen lle conta...). Todo fóra moi ben.

El día pasaba y me comunicaron que tenía una invitación para comer con la familia de mi profesora de holandés. A ver cómo iba. A las 18:00 tenía que estar allí. Salí con la bicicleta llevando puesto un chubasquero, me perdí un poco en las calles del pueblo, pero finalmente encontré el camino correcto que me llevaba a mi destino. Queda un poco lejos y el viento y la lluvia non eran de gran ayuda. Estaba nervioso. Como en todas las casa holandesas las ventanas eran enormes y se podía ver perfectamente en el interior. Me habían visto llegar. Seguía nervioso, pero más por el idioma que por otra cosa. Jugamos a las cartas, a la Wii (como la echaba de menos) y visité las instalaciones del hospedaje para mascotas que tienen (perros, gatos, pájaros de gente que se va de vacaciones y  no puede cuidarlos ese periodo de tiempo los deja allí y después los recoge. Y nos dieron las 10:00 (y las 11:00, las 12:00, la…) y ya era hora de ir para casa. Todo había ido mejor de lo esperado.

Day was going on and they told me I had a dinner invitation in my Dutch teacher’s house. Dinner was at 18:00 and I had to be there on time. I took my bike, I was wearing an oilskin. I miss the right way amount the town, but finally I find the right way. It was a pretty far and the wind was blowing, which didn’t help anyway. I was nervous. As all of Dutch houses, their house had huge windows and I could see perfectly inside. They had seen arriving. I was still nervous, but I was nervous because of the language. We played cards, Wii (I miss it) and I saw place where they have all animals of their animal hostel. Somebody who cannot take care her/his pets for some period of time can leave them there and then pick them up. It’s was 22:00 and it was time in order to go to the house. It was better than I had expected.

Chego a casa e hai unha pequena festa montada na casa. Not bad! A desfrutar.

Llego a casa y hay una pequeña fiesta montada en casa. Not bad! A disfrutar.

I arrived at home and there’s a little party in the house. Not bad! Enjoy it.

A inundación / The flood / La inundación

A noite do 1 de febreiro de 1953 unha forte tormenta rompeu o dique que impedía ó mar reclamar ós Países Baixos o que era seu por dereito. Isto converteuse nunha enorme traxedia. Non só houbo vítimas neste afundido país senón tamén mariñeiros e xente Bélxica e Reino Unido. Cabe dicir que neste país cobrou moita máis importancia debido a que o número de vítimas foi moito maior neste país. Se queredes máis información aquí vola deixo:


La noche del 1 de febrero de 1953 una fuerte tormenta rompió el dique impedía al mar reclamar a los Países Bajos lo que era suyo por derecho. Esto se convirtió en una enorme tragedia. No solo hubo víctimas en este hundido país sino también marineros y gente de Bélgica y Reino Unido. Cabe decir que en este país la tormenta cobró mucha más importancia debido a que el número de víctimas es mucho mayor. Si queréis más información aquí os la deja.


At night of February the first of 1953 a strong storm broke the dyke which prevented the water from the ocean to reclaim the land which has been taken from it. The flood became a huge tragedy. There weren’t victims only in Netherlands, also sailors lost their lives and people from different countries as Belgium and United Kingdom. But here the storm has become more important than in other countries because of the heavy toll. If you want more information:


Debido ó aniversario dos 60 anos desta terrible traxedia o venres íase recordar as vítimas e as causas disto. Coa finalidade de que coñecemos máis da historia deste país nesta charla do mércores un señor maior, “I’m an old man” tal como el dicía, veu a contarnos a súa historia. Un home interesante. Non mostraba demasiado os sentimentos. Contaba a historia como un narrador. El tiña 13 anos cando isto ocorrera e quizais os anos ou a necesidade de sentirse forte impedían que isto fose a máis. Ó principio considerábao unha aventura pero cando veu a primeiro corpo inerte, o seu punto de vista mudou por completo. Relatounos a historia, preguntábamos e ensinounos fotos e artigos. O poder da natureza, que aquí confunde moita xente con castigos divinos, cambiou a vida de miles de persoas.

Debido al aniversario de los 60 años de esta terrible tragedia el viernes se iba a recordar a las víctimas y las causas de todo esto. Con la finalidad de que conociésemos más de la historia de este país este miércoles un señor mayor, “I’m an old man” tal como él decía, vino a contarnos su historia. Un hombre interesante. No mostraba demasiado los sentimientos. Contaba la historia como un narrador. Él tenía 13 años cuando esto ocurrió y quizás los años o la necesidad de sentirse fuerte impedían que esto fuese a más. Al principio lo considera una aventura pero cuando vio el primer cuerpo inerte de un conocido, su punto de vista cambió de forma radical. Nos relató la historia, preguntábamos y nos enseñó fotos y artículos. El poder de la naturaleza que, aquí mucha gente confunde con castigos divinos, cambió la vida de miles de personas.

It was the 60th anniversary since this terrible tragedy had happened, so the next Friday the people would remind the victims and how it had happened. In order to know about this sad part of the Dutch history they invited an old man, he repeated many times “I’m an old man”, in order to tell us his story. He was an interesting man. He didn’t show us his feeling when he was telling the story. He seemed a narrator of a different history. He told us the story, we asked him different questions and he showed us pictures and articles. Here many people think that it was a divine punishment. This changed the lives of thousands people.

Falounos dunha película: The Storm. É unha película holandesa que trata sobre a inundación de 1953. Tiñamos pensado vela. El xa nos advertiu que non era unha boa película, nós comprobamos máis tarde que era certo.

Nos habló de una película: The Storm. Es una película holandesa que trata sobre la inundación de 1953. Teníamos pensado verla. Él ya nos advirtió que no era una buena película, nosotros comprobamos más que era cierto.

He told us about a film: The Storm. It is a Dutch film whose plot is related with the flood in 1953. We wanted to watch it. He, the old man, warned us: It’s not a good film. Time after we learnt that he was right.

Pola tarde preparamos un esquema para seguir no mes de febreiro e así poñer un pouco de orde neste caos. O caso é ter algo ó que aferrarse.

Por la tarde preparamos un esquema para seguir en el mes de febrero y así poner orden en este caos. El caso es tener algo al que aferrarse.

In the afternoon we prepared a Schedule in order to do in February and to arrange this mess.

Conmemoración / Remembrance / Conmemoración




Le con esta música de fondo.

Lee con esta música de fondo.

Read and listen to this song

Lezen en luisteren naar dit zang





Chegara o día da Conmemoración da inundación do 1 de febreiro. O acto comezaba ás 13:30, así que decidimos saír un pouco antes para chegar a tempo. Chovía. Chegamos á hora, pero estaban todos os sitios ocupados.

Había llegado el día da Conmemoración de la inundación del 1 de febrero. El acto daría comienzo a las 13:30, así  que decidimos salir un poco antes para llegar a tiempo. Llovía. Llegamos a la hora, pero todos los sitios estaban ocupados.

It was The Flood Remembrance Day. The event would begin at 13:30, so we decided to leave some minutes before in order to be on time. It was raining. We arrived on time, but there was no free seat.
A Conmemoración 1 febreiro da inundación ía dar comezo e xa non quedaban cadeiras onde poder sentarse. Para ser un pobo tan pequeno a presenza da xente no salón era moi alta. O acto deu comezo con unha muller moi sorrinte falando holandés. Ó remate de súa intervención ningún aplauso, nada, salvo un señor que se ergueu para ocupar o lugar no pedestal no que a muller estaba previamente. Un discurso que eu non podía entender, pero a cara e os seus ollos cheos de bágoas e as pausas obrigadas para impedir que estas se deslizasen polas meixelas dicían moito máis que as palabras. No público caras moi diversas: Caras acompañadas de pena, recordando aquela noite e todo o que pasou despois, inexpresivas e outras expectantes por saber o que ocorrera. Só hai que figurarse o que lle cambiou a vida a esas persoas en unas horas, vendo como familiares e amigos se ían sen poder facer nada contra o poderoso causante deste cambio. Posteriormente houbo unha presentación de como pasaron os feitos e por que tal desastre. Só aguantamos esta presentación, non podiamos resistir máis de pé nin sen entender unha palabra. Voltamos a casa.

La Conmemoración 1 febrero de la inundación iba empezar y ya no quedaba sillas donde poder sentarse. Para ser un pueblo de reducido tamaño la asistencia de la gente en el salón era elevada. El acto dio comienzo con una sonriente mujer hablando holandés. Al finalizar su intervención no hubo ningún aplauso, nada, salvo un señor que se levantó para ocupar el lugar en un pedestal en el que la mujer estaba previamente. Un discurso que yo no podía entender, pero la cara y sus ojos llenos de lágrimas y las pausas obligadas para impedir que estas se deslizasen por sus mejillas decían mucho más que las palabras. En el público caras muy diversas: Caras acompañadas de pena, recordando aquella noche y todo lo que pasó después, inexpresivas y otras expectantes por saber lo que había ocurrido. Sólo hay que figurarse lo que le cambió la vida a esas personas en unas horas, viendo como familiares y amigos se iban sin poder hacer nada contra el poderoso causante de este cambio. Posteriormente hubo una presentación de como pasaron los hechos y por qué tal desastre. Sólo aguantamos esta presentación, no podíamos resistir más de pie ni sin entender una palabra. Regresamos a casa.


Yerseke
The event was going to begin and there weren’t free seat where we could sit. The town is small but there were a lot of people if we compare with number of inhabitants in this town. It began when a smiling woman started speaking in Dutch. Nobody clapped when she stopped speaking. There was only a change, a man got up and put himself in the woman’s place. A speech which I couldn’t understand, but his face and his full of tears eyes and when he had to stop because of the emotions which tried to push down his tears said much more than his words. There were different faces in the audience: faces which were full of sadness, face without any feeling apparently and others which were expectant for knowing how it was. The lives of many people had change without the people hadn’t been able to do anything to avoid this, people who watch how their families and friends were gone. After the speech a man exposed a presentation about how it was and reasons of that disaster. We stayed there till the end of the presentation, we couldn’t hold on without understanding any word.

Mentres traballabamos empecei a escoitar un son familiar, moi familiar, non pode ser! Era Holanda unha nas nacións celtas? Eu pensaba que non, e así era. Pero o son era e aproximábase. O son dunha gaita e, si, era unha gaita. Incrible. Ía encabezando a procesión de xente que se dirixía ata o monumento conmemorativo da inundación. Moita xente o seguía. Case me sentía como no arco do Obradoiro.

Mientras trabajamos empecé a escuchar sonido familiar, muy familiar, ¡no puede ser! ¿Era Holanda una de las naciones celtas? Yo pensaba que no, y así era. Pero el sonido era y se aproximaba. El sonido de una gaita y, sí, era una gaita. Increíble. Iba encabezando la procesión de gente que se dirigía al monumento conmemorativo de la inundación. Mucha gente lo seguía. Casi me sentía como en el arco del Obradoiro.

While we worked I started to listen a known sound, really known sound, it cannot be! Was Netherlands a Celtic Nation? I thought no, and I was right. But the sound was and it was getting close. The sound of pipe and, yes, it was a pipe. Unbelievable. He was in the head of the crowd who were going to the sculpture made for remembrance the flood. Lots of people follow him. I felt almost like in the Obradoiro square.  

Pola noite preguntáronnos se podíamos quedar con un can mentres o dono acompañaba ó noso xefe a misa polas vítimas. Aceptamos. A  ver o caniche que nos traían e que non podía quedar só. Chegou a noite e con ela soou o timbre. Aí estaban os donos acompañados dun... un pastor alemán?? Guau!! (Como fan os cans.XD) Vaia bicharraco. Que cousa máis bonita e máis educadiña. Pasámolo pipa con el, xogando á pelota. Parecía a típica churrascada pero de interior, o can andando por alí, senta e sentaba, despois de comer a xogar con el, era moi cuco.

Por noche nos preguntaron si podíamos quedar con un perro mientras el dueño acompañaba a nuestro jefe a la ceremonia por las víctimas. Aceptamos. A ver el caniche que nos traían y que no podía quedar solo. Llegó la noche y con ella sonó el timbre. Ahí estaban los dueños de un… ¿¿un pastor alemán?? Guau!! (Como hacen los perros. XD) Vaya bestia. Era precioso y estaba muy bien enseñado. Lo pasamos pipa con él, jugando a la pelota. Parecía la típica churrascada pero de interior, el perro andando por allí, sienta y se sentaba, después de comer a jugar con él, era muy cuco.

They ask us to take care of a dog while the owner went to the ceremony for the victims with our boss. We said yes. I wanted to see the poodle which the owners would bring and which couldn’t be alone. When it was dark somebody rang the bell. They were the owner of the dog… is this a German shepherd? Wow!! It was huge. It was so beautiful and it was very polite. We play with him. It was very nice.


Middelburg

Sábado, sabadete coge el tren y vete. E así foi, tren e alá fomos. Unha cidade moi bonita: canais, arquitectura, casas flotantes e prazas. As rapazas querían comprar, raro... mentres un pequeno paseo pola cidade coñecendo o que hai por alí. Ía polas rúas sacando fotos cando unha voz en holandés comezou a falar comigo. Un home en bicicleta comezoume a falar. Díxenlle que non falaba esta lingua que os neerlandeses falan. De repente faloume en inglés, comentoume que era un vagabundo e viña a pedir diñeiro. Quedei un pouco asombrado polo incidente. Continuei a visita, cidade bonita con moitas cousas por descubrir.

Sábado, sabadete coge el tren y vete. Y así lo hicimos, tren y a conocer estas tierras. Una ciudad muy bonita: canales, arquitectura, casas flotantes y plazas. Las chicas querían comprar, raro… mientras tanto un pequeño paseo por la ciudad conociendo lo que hay por allí. Iba por las calles sacando fotos cuando una voz en holandés empozó a llamarme. Un hombre en bicicleta empozó a hablar. Le dije que no hablaba esa lengua que los neerlandeses hablan. De repente me habló en inglés, me dijo que era un vagabundo y que venía a pedir dinero. Quedé asombrado por la situación. Continué la visita, bonita ciudad y con muchas cosas que descubrir.
Chuches!!! ;)
It was Saturday and we take the train to know more about this land. Middelburg is a beautiful city: channels, architecture, floating houses and squares. Girls wanted to go shopping, so weird… while I walk around the city in order to know something about it. I was taking photos when somebody called me. A man, who was riding a bike, started to speak in Dutch. I told him I didn’t understand Dutch. Suddenly he started to speak English, and he told he was a homeless and he wanted money. I freaked out because of this. I kept walking and visiting this beautiful city.

Unha mala noticia á chegada á casa. Unhas luces azuis comezaron a parpadear fronte á nosa casa. Non sabiamos que estaba ocorrendo. Despois duns minutos unhas luces de cor laranxa apareceron. Era na casa do señor que nos dera a charla sobre a inundación. Todos estabamos preocupados. Os do servizo de urxencias entraron na casa. Continúa no hospital, espero que a próxima vez que fale del sexa para dicir que está de volta na casa.

Una mala noticia, la llegada al llegar a casa. Unas luces azules empezaron a parpadear en frente a nuestra casa. No sabíamos que estaba sucediendo. Después de unos minutos unas luces de color naranja aparecieron. Era en la casa del señor que nos dio la charla sobre la inundación. Todos estábamos preocupados. Los del servicio de urgencias entraron en la casa. Continúa en el hospital, espero que la próxima vez que hable de él sea para decir que está de vuelta en casa.

Bad news was waiting for us when we arrived at home. Some blue light started to blink when in front of our house. We didn’t know what was happened. After few minutes orange lights were blinking too. It was in the house of the man who talked with us about the flood. Everybody in the house was worried. People of emergency services went into the house. He’s still in the hospital. I hope I can say he’s at home soon.

Ó chegar a noite saímos en Belgen op Zoom. Fomos a un concerto. Teñamos coche, dá a vida nesta zona ter coche porque para todo te tes que desprazar. O concerto foi mediocre. Despois demos unha volta por alí, xa comezaran o Entroido!!! Para a semana... isto promete!!! Xente disfrazada, xente por todas partes. Hai que ir a semana seguinte! A noite non foi moi divertida. Bótanse de menos ós amigos de toda a vida. Chegamos a casa e foi aquí cando aconteceu a cousa máis rara e graciosa que pasou aquí ata o momento, lástima do pacto de silencio que fixemos. Buahaha.

Al llegar la noche salimos en Belgen op Zoom. Fuimos a un concierto. Teníamos coche, es importante en esta zona tener coche porque para todo te tienes que desplazar. El concierto fue mediocre. Después dimos una vuelta por la ciudad, ¡¡¡ya habían empezado las celebraciones de Carnaval!!! Para la semana… ¡¡Esto promete!! Gente disfrazada, gente por todas partes. Tenemos que ir el siguiente fin de semana. La noche no fue muy divertida. Echaba de menos a los amigos de toda la vida. Llegamos a casa y fue aquí cuando pasó una de las cosas más raras y graciosas que pasó aquí hasta el momento, lástima que hicimos un pacto de silencio. Buahaha.

We went out in Belgen op Zoom at night. We went to a concert. We had a car, having a car is import here because if you want to do something you have to go to some another city. The concert was not good. We walked around the city. They had started the events for Carnival!!! Next week… Lots of people with customs, people everywhere. We had to go the next weekend. Night was not much funny. I miss my friends. We arrived at home and then the most funny and weird thing since I’m here happened. But I cannot tell you…

Decatámonos de que tiñamos que facer unha torta para o día seguinte. Era tarde, moi tarde, pero puxémonos. Buff!!

Nos acordamos que teníamos que hacer una tarta para el día siguiente. Era tarde, muy tarde, pero nos pusimos manos a la obra. ¡¡Buff!!

We remember that we had to have done a cake for the next day. It was late, so late, but we start doing it. Buff!!


Por fin traballo / Finally working / Por fin trabajo

A torta estaba feita, fora feita de aquela maneira pero fora feita. Eu ía vestido cun chándal para xogar cos rapaces cos que nos iamos a topar. Resulta que antes tiñamos que asistir a unha misa. Neste caso non era nunha igrexa, era nun teatro. Eu con chándal. A cerimonia era completamente distinta ás que citei anteriormente. Pero moi diferente. Era o máis parecido ás películas americanas, quizais porque o pastor era americano. A maior parte cantada. O pastor era pouco máis que calquera dos que estaban nas butacas que en diferentes momentos tiñan os seus segundos para compartir o que desexaban. Cantaban outra vez. Eu seguía en chándal. Desta volta puiden entender algo, xa que era unha igrexa internacional e falaban en inglés. Non comulgaron, nada. Non daba a sensación de misa por ningures, pero con tanta música daban ganas de bailar.

Praza da catedral en Amberes
Plaza de la catedral en Amberes
Cathedral square in Antwerp

La tarta estaba hecha, no sabíamos cómo podía estar pero estaba hecha. Yo iba vestido con un chándal para jugar con los niños y niñas con los que nos íbamos a encontrar. Resulta que antes teníamos que asistir a una misa. En este caso no era en una iglesia, era en un teatro. Yo con chándal. La ceremonia era completamente distinta a las que cité anteriormente. Pero muy diferente. Era lo más parecido a las películas americanas, quizás porque el pastor era americano. La mayor parte cantada. El pastor era poco más que cualquiera de los que estaban en las butacas que en diferentes momentos tenían sus segundos para compartir lo que deseaban. Cantaban otra vez. Yo seguía con el chándal. Esta vez pude entender algo, ya que era una iglesia internacional y hablaban en inglés. No comulgaron, nada. No daba la sensación de misa, pero con tanta música daban ganas de bailar.

The cake was done, we didn’t how it tasted but it was done. I wore a track-suit in order to play with the children who would meet there. But before knowing the children we had to go to the church. Well, it’s not a church, it’s a theatre. I was wearing the track-suit. Ceremony was completely different from the others I told you before. I was wearing the track-suit. It was like in the American films, maybe because the pastor was also American. The ceremony was almost all the time singed. The pastor seemed a normal person who was sat down on the seats. They sang again. I continued wearing my track-suit. This time I could understand something because it was an international church and they speak English. They didn’t commune. It didn’t look like a ceremony in church, I just wanted to dance because they were singing all the time.

Despois estivemos con nenos. Dúas horas de baloncesto, xenial! Non sei quen o pasou mellor se eles ou eu. Nenos de moi diferentes lugares. Xenial.

Después estuvimos con los niños. Dos horas de baloncesto, ¡genial! No sé quién lo pasó mejor si ellos o yo. Niños de muy diferentes lugares. Genial.

After that we were with kids and children. Two hours playing basketball, great! I don’t know if I enjoyed more than them or not. There were kids from different places. Great!

;)
Tras rematar neste lugar en Bélxica, collemos o coche e dirixímonos a Antwenpen (non sabía que cidade era). Preguntei unha e outra vez, so sabía que era importante. Visitamos a cidade: PRECIOSA! Se algún arquitecto estivese aquí ía estar encantado (  ; ) ). A catedral, descomunal con pinturas de Rubens. A estación de tren, enorme e preciosa: Alucinante. Mudábame alí sen pensalo dúas veces. Fomos a unha cafetería ó lado da catedral. Había santos nas paredes e diferentes adornos relixiosos e unha sorpresa que vos deixo en forma de foto. O lugar era xenial.  Podería contar mil detalles máis pero xa estou cansado. A cidade era Amberes, agora si.

Después de acabar en este lugar en Bélgica, cogimos el coche y nos dirigimos a Antwerpen (no conocía esta ciudad). Pregunté una y otra vez, solo sonsaqué que era una ciudad importante. Visitamos la ciudad: ¡PRECIOSA! Si algún arquitecto estuviese aquí estaría encantado (  ; ) ). La catedral, descomunal, con pinturas de Rubens. La estación de tren, enorme y preciosa: Alucinante. Me mudaba allí sin pensarlo dos veces. Fuimos a una cafetería cerca de la catedral. Había santos en las paredes y una sorpresa que os dejo en forma de foto. El lugar era genial. Podría contar mil detalles más pero ya estoy cansado. La ciudad era Amberes, ahora sí.

Ezze Homo  (Antwerpen version)
After finishing our work in Belgium, we take our and we drove to Antwenpen (I didn’t know this city, I’ve heard it before). I’ve just known that this is an important city. We visited the city: It’s beautiful! If some architect were there he would be delighted (  ;) ). The cathedral was amazing, there were paintings of Rubens. The train station was huge and beautiful: Amazing. I would like to move there. We went to a coffee near to the cathedral.  There were Saints in the walls and a surprise which I leave you here in a picture. The place was great. I can say thousands of details but I’m too tired. The city was Amberes in Spanish, now yes.

Seguimos en contacto. Deixade algún comentario! ;)

Seguimos en contacto. ¡Dejad algún comentario! ;)

We are in contact. Write some comment! ;)

8 comentarios:

  1. As túas lectoras non somos partidarias de que te deixes "cousas no teclado" XD Nin que fagas pactos de silencio!!!
    é moi emotiva a historia que do 1953, mirando o link que deixastes é para flipar "palabra" (tono APM)
    Preciosa foto de Yerseke e incrible a praza da Catedral de Amberes!!!
    Por certo entre Chuches e Nocilla sentiraste como cando berrabas "Campionheee"!!!
    Que sigan medrando as túas palabras e que nos sigas dando actualizacións moi positivas!!! O teu can está celoso dos cans neerdanleses!!! XD

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida quédome co Ezze Homo de Borja!!! (vamos o españolito) XD

    ResponderEliminar
  3. Quen se está enriquecendo como persoa son os compañeiros que están disfrutando deste galeguiño tan auténtico, jaja ,nunca tal viron!!!
    Alegría e envidia sa ao ver a experiencia que estás vivindo ;-)

    ResponderEliminar
  4. Pacto de silencio???!!!??? Un blogger JAMÁS tendría uno. Grrrrrjjjjjj!!!!!!! bueno esperemos que lo rompas... ;)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. haha
      O certo é que non quería alongar máis a entrada... XD
      Se o poño ó día e teño tempo fago unha entrada especial só para iso

      Eliminar